Coñécenos

Norvento Enerxía é unha empresa española do sector das enerxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), somos unha compañía familiar de capital español e levamos décadas operando no mercado.
A actividade de Norvento no sector das enerxías renovables, abarca tanto a xeración centralizada, con grandes instalacións eólicas, como a distribuída, con solucións para o sector industrial, así como a fabricación de aeroxeradores de media potencia, convertidores e sistemas de almacenamento de enerxía.
Co noso coñecemento e experiencia afrontamos os retos do futuro do sector enerxético, 100% renovable, co obxectivo de ofrecer as mellores solucións para os nosos clientes e comunidades coas que traballamos.
Fundada en 1981, a nosa compañía desenvolve, fabrica e comercializa tecnoloxía para enerxía distribuída con fonte renovable como os nosos aeroxeradores nED de media potencia, os nosos convertidores Norvento Gridmaster (nGM) para almacenamento de enerxía ou os nosos sistemas de monitoraxe e control, entre outros. Implementamos proxectos chave en man de autoconsumo e microrredes con renovables para clientes do sector industrial de todo o mundo. Todos os nosos produtos, tecnoloxías e servizos están fundamentados nuns conceptos moi claros de Innovación, Calidade, Deseño e Sustentabilidade.
Tamén traballamos no ámbito da gran xeración, onde deseñamos, construímos e operamos grandes plantas enerxéticas renovables, especialmente eólicas. Con presenza en diversos mercados internacionais, Norvento Enerxía conta con máis de 250 MW de plantas de xeración renovable en explotación en España, máis de 700 MW desenvolvidos e máis de 1.000 MW en desenvolvemento, dentro e fóra do noso país. As instalacións de Norvento, tanto en funcionamento como en promoción, compóñense de centrais hidroeléctricas, parques eólicos, plantas solares e de biomasa, instalacións de biogás e instalacións para xeración distribuída e autoconsumo. As potencias das instalacións oscilan desde o 50 kW ata os 50 MW dos parques eólicos.
Somos una empresa familiar gallega con sede en Lugo, dirigida desde su origen por su fundador y actual presidente, Pablo Fernández Castro. Desde nuestro inicio en 1981, en Norvento apostamos por el arraigo y la permanencia como señas de identidad de una empresa que trabaja por un modelo energético alternativo, convencidos de la importancia de nuestra aportación a uno de los sectores que más contribuye al desarrollo sostenible y al equilibrio climático del planeta.
El espíritu de superación y la perseverancia, presentes a lo largo de toda nuestra trayectoria, han sido fundamentales para el éxito de Norvento.
40 anos de tecnoloxía renovable
Norvento Enerxía nace da convicción do noso fundador e actual presidente executivo, Pablo Fernández Castro, de que o futuro da enerxía é renovable e autóctono. A crise do petróleo dos anos 70 marcou a súa visión do mundo enerxético, ao vivir moi de preto as consecuencias da dependencia enerxética e a falta de seguridade de subministración. Esta iniciativa e visión de negocio guíanos en cada un dos proxectos de calidade que emprendemos, nos que se coida ata o último detalle.
Hoxe Norvento traballa para posicionarse como unha das principais referencias en solucións tecnolóxicas destinadas ao autoconsumo e a independencia enerxética para o sector industrial.

CIne. Unha sede con instalacións 100% renovables

Centros de produción
O edificio da nED Factory en Vilalba foi coidadosamente deseñado por especialistas con gran experiencia en deseño de edificios industriais, seguindo os máximos requisitos de eficiencia enerxética. Ademais, a enerxía usada na nED Factory procede de fontes renovables, eólica (nED100), solar, biomasa e geotermia. O equipo de fabricación e produción está formado por profesionais con ampla experiencia en fabricación de aeroxeradores e tecnoloxía para o sector renovable.
O noso compromiso coa innovación é parte esencial da compañía e unha das principais pancas de crecemento futuro, investindo o 10% da facturación total en investigación e desenvolvemento.

Principais sedes operativas
Vemos nas enerxías renovables e o desenvolvemento de tecnoloxía local unha oportunidade de futuro, levamos décadas traballando desde Galicia de xeito serio e responsable para que o coñecemento tecnolóxico non sexa alleo e podámolo recoñecer como propio.
Norvento Lugo | Sede principal
Centro de Innovación Norvento Enerxía (CIne):
Edif. CIne – Rúa Ramón Mª Aller Ulloa 23
Pol. As Gándaras
27003 Lugo, España
T: +34 982 227889
Email: norvento@norvento.com
Norvento Madrid
Calle Luchana 23 – 3ºA
28010 Madrid, España
T: +34 91 5943883
Email: norvento@norvento.com
Norvento Vilalba
Polígono Sete Pontes, 3ª fase – Parcela 13
27800 Vilalba, Lugo – España
T: +34 982 227889
Email: norvento@norvento.com
Norvento Gijón
Spaces Gijón – Calle Marqués de San Esteban, 2 Planta Cero, Oficina 006
33206 Gijón, Asturias – España
T: +34 982 227889
Email: norvento@norvento.com

Cremos nun sistema enerxético onde todo o mundo poida participar de forma activa e libre, no cal podamos capacitar aos países, as empresas e ás persoas para cumprir os seus obxectivos enerxéticos e de sustentabilidade.
Visión
Norvento opera na industria como catalizador que contribúe a facilitar a revolución sectorial que vivimos. A historia da empresa faise a través das súas achegas novas no marco do sector enerxético.
A nosa visión do sistema enerxético que está por vir define nosa implicación nel, así como a nosa maneira de actuar e relacionarnos cos nosos clientes e socios.
Misión
Norvento desexa contribuír ao cambio sectorial mediante a aportació n de tecnología e coñecemento que posibiliten unha crecente integración de fontes renovables no sistema enerxético.
Para articular a misión identifícanse as áreas de oportunidade máis relevantes nas que Norvento quere ter presenza.
A enerxía na que cremos A enerxía pola que traballamos
Fiable.
Os consumidores serán inmunes aos problemas de calidade existentes en redes débiles ou pouco avanzadas.
Dixital.
Coñeceremos en tempo real a energía que empregamos, xestionarémola, e seremos conscientes do seu impacto.
Limpa.
Afastada de combustibles fósiles, aprovéitanse os avances tecnolóxicos para conseguir prestacións superiores.
Participativa.
Decidiremos en tempo real que fontes de enerxía empregar para o que nos coordinaremos coa nosa contorna máis proxima.
Integrada.
As fontes futuras de enerxía se imbricarán en vivendas, parques e infraestruturas coma se fosen parte delas.
Na actualidade, operamos sen ningunha restrición xeográfica
