O noso
equipo
Os logros de Norvento son posibles grazas á preparación e esforzo do seu capital humano.
Norvento está conformado por un equipo humano de máis de 200 persoas da máis alta cualificación multidisciplinar, repartidos en diferentes centros de traballo en varios países.
Equipo directivo
O equipo xestor da nosa compañía é exemplo do coñecemento específico e experiencia de cada área.

Pablo Fernández Castro
Presidente
Enxeñeiro Superior Electromecánico e Enxeñeiro Superior Industrial polo ICAI. En 1981 fundou Norvento como pequena empresa de enxeñería e liderouno ata ser un grupo enerxético con presenza internacional.

Marta Fernández Castro
Vicepresidenta
Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais por ICADE. En 1996 uniuse a Norvento, asumindo responsabilidade sobre os recursos humanos, financeiros e materiais da empresa.

Iván Nogueiras Pérez
Director Xeral
Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo e PDD polo IESE. Uniuse a Norvento en 2003 e lidera a área de enerxías renovables do grupo, con responsabilidades de Director Xeral.

Beatriz Iglesias Lapido
Directora de Administracion e Control
Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Auditoría de Contas pola Universidade Deusto. Uniuse a Norvento en 2016 onde lidera os equipos de traballo de Administración e Control.

Mariluz Lozano Cerezo
Directora de Sostenibilidade e Marca
Enxeñeira Agrónoma pola Universidade de Santiago de Compostela. Uniuse a Norvento no ano 2000 como Directora de Medioambiente, na actualidade lidera as accións relacionadas con sustentabilidade e marca desde a Área Corporativa.

Rosa Botas Cal
Directora de Persoas
Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Pontificia de Comillas e Máster en Recursos Humanos polo Centro de Estudos Garrigues. Entrou en Norvento en 2018 para liderar o equipo de Recursos Humanos.

Adrián Capelán Presedo
Subdirector de Tecnoloxía
Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña, Msc Structural Eng. Uniuse a Norvento en 2017. Actualmente é responsable do proxecto nED e Subdirector de Tecnoloxía.

Ignacio Espiñeira Costa
Director de Enxeñería
Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña e Máster en Dirección de Proxectos pola Universidade de Salamanca. Incorpórase a Norvento en 2020 para liderar servizos de enxeñería tanto para grandes proxectos de instalación de enerxía renovable como para proxectos de enerxía distribuída.

Juan Morilla García
Director de Operacións
Enxeñeiro Técnico Industrial pola Universidade de Oviedo. Licenciado en Enxeñaría e Máster en Ciencias pola Universidade de Coventry e Executive MBA pola EOI. Uniuse a Norvento en maio de 2021 para dirixir o área EPC e OPM.

Adolfo Ausin Herrero
Responsable de Electrónica de Potencia
Enxeñeiro Industrial pola Universidade Carlos III e Máster en Sistemas Electrónicos Avanzados pola UAH. Incorporouse a Norvento en 2017 para dirixir o desenvolvemento de Convertidores de Electrónica de Potencia en base a tecnoloxía propia.

Miguel Hoyos Irrisari
Responsable de Innovación
Enxeñeiro Industrial polo ICAI. Uniuse a Norvento en 2009. Asesora ao Grupo no desenvolvemento de produtos e proxectos de I+D+i relacionados coa enerxía eólica.