Todo o que facemos respira sustentabilidade.

Desde sempre. Desde hai 40 anos.

As nosas tecnoloxías e procesos produtivos son respectuosos co medio ambiente e non comprometen as necesidades de futuras xeracións. Construímos un presente e un futuro mellor.

Fai catro décadas que desde Norvento soñamos unha novo paradigma enerxético, no que as tecnoloxías renovables xogarían un rol crucial na xestión sostible dos recursos enerxéticos do noso planeta. Con esa visión, iniciamos un plan tecnolóxico estratéxico enfocado cara a un futuro que persegue a consecución dunha industria medioambientalmente sostible.

O proceso de democratización enerxética que albiscaba a principios da década dos 80 o noso fundador e actual presidente, se por entón semellaba a unha utopía, hoxe estase convertendo nunha realidade cada vez máis presente, materializada a través das directrices europeas para a redución do consumo, a supresión das importacións enerxéticas e a eliminación das emisións a través da enerxía distribuída, limpa e barata.

Norvento lidera o avance cara a un sistema enerxético máis verde, descarbonizado e sostible.

Hoxe, ante a alarma producida polos efectos da acción do home sobre o medio, seguimos traballando por un modelo enerxético alternativo, fieis á filosofía fundacional de desenvolvemento sostible que marcou sempre a folla de roteiro da nosa empresa.

Sostenibilidade en toda
a cadena de valor.

A nosa a sede
Centro de Innovación Norvento Enerxía (CIne)
↓ 
Autosuficente 100% renovable

Trátase dun Edificio de Cero Emisións, autónomo energéticamente e respectuoso coa súa contorna. Recoñecido coa certificación BREEAM de Sustentabilidade en grao de Excepcional, a sede é un dos 20 edificios máis sostibles de todo o mundo e o primeiro de España.

A nosa fábrica e instalacións

100% renovable

O edificio do noso Centro de Produción nED Factory foi deseñado seguindo os máximos requisitos de eficiencia enerxética. Ademais, a enerxía usada en todos os procesos produtivos procede de fontes renovables, eólica (nED100), solar, biomasa e xeotermia. 

Movilidade 
sostible


Flota corporativa 
renovable

Aproveitamos a enerxía xerada por fontes renovables para abastecer a nosa frota de automóbiles eléctricos.

Das nosas accións de hoxe,
depende o noso porvir.

O compromiso coa Sustentabilidade e o respecto á nosa contorna é inherente á nosa actividade e constitúe un piar esencial da nosa estratexia empresarial en todas as súas áreas.

 

 

En cada un dos nosos proxectos investigamos en profundidade o hábitat e os recursos enerxéticos do territorio para poder xerar oportunidades para a comunidade e a súa contorna, desenvolvendo plans estratéxicos que resulten eficientes no longo prazo que contemplamos.

Ao longo dos nosos 40 anos de traxectoria sempre avanzamos con determinación e compromiso cara a un desenvolvemento sostible e o establecemento de vínculos coa comunidade local, perseguindo en todos os nosos servizos e produtos factores de:

  • Potencialidade de subministración fiable e independente de enerxía
  • Relevancia para a transición enerxética e economía circular
  • Reforzo e modernización do tecido industrial
  • Impactos económicos, reforzo do tecido industrial e empregos directos
  • Melloras ambientais

Por iso, tamén promovemos prácticas responsables a nivel interno, fomentando a aplicación do ecodiseño, a mobilidade sostible, melloras na reciclaxe de materiais, redución da cantidade de papel usado, optimización da auga empregada, ou a transmisión de concienciación social, económica e ambiental.

Outra iniciativa de responsabilidade social corporativa a destacar é o noso proxecto de Cantina, a través do cal ofrecemos a diario na nosa sede un servizo de menú para os nosos traballadores, a partir de produto de tempada de produtores locais e seguindo procesos culinarios que evitan o desperdicio de alimentos.

Podemos afirmar que Norvento é Sustentabilidade en esencia e Sustentabilidade en acción. Ao servizo dun presente ambientalmente respectuoso e enfocado nun mañá mellor.