• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 23 Xuño 2020

Norvento lanza unha liña de negocio centrada en solucións de biogás para a industria

  • Con esta liña de negocio, a empresa consolida a súa oferta comercial de solucións relacionadas co biogás, ámbito onde xa dispoñía de capacidades técnicas e realizou varios proxectos.
  • O do biogás é un mercado con gran potencial de desenvolvemento grazas á consolidación da tecnoloxía e a un marco normativo que se espera integre esta tecnoloxía pola súa capacidade para contribuír á economía circular.  
  • Javier Taibo incorpórase a Norvento para liderar esta nova liña de negocio e impulsar o seu desenvolvemento comercial

Lugo, 23 de xuño de 2020.- Norvento, compañía española de tecnoloxías renovables, anunciou a apertura dunha liña de negocio centrada no desenvolvemento de solucións e plantas de biogás. A compañía, que xa opera neste sector desde 2013, realizando I+D, enxeñería e proxectos chave en man de biogás, consolida e unifica desta maneira a súa carteira de solucións, talento e coñecemento en torno ao biogás. 

O obxectivo é liderar un mercado con gran potencial de desenvolvemento en España nos próximos anos grazas á maduración do sector e a tecnoloxía, así como a un marco regulamentario máis favorable no que papel das tecnoloxías renovables gañaron protagonismo para alcanzar os obxectivos da Axenda 2030, onde o biogás é un elemento clave para contribuír á economía circular e a facilitar a xestión de residuos. A nova liña de negocio de Norvento dirixirase tanto ao sector privado como empresas públicas e ofrecerá solucións que lles permitan desenvolver proxectos de produción de biogás, ben sexa para xeración de enerxía eléctrica e térmica ou para outros usos deste combustible renovable, como a inxección á rede de gas ou o seu emprego en vehículos. 

Para liderar esta nova unidade, a compañía nomeou a Javier Taibo responsable do negocio de biogás de Norvento. Javier é Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña e MBA polo INSEAD, conta cunha ampla experiencia nos ámbitos da construción, maquinaria pesada, e enerxía, e desenvolveu a súa carreira tanto en España como no estranxeiro. En palabras do propio Taibo, “a diferenza doutros mercados como o alemán, onde as solucións de biogás xa están consolidadas en gran número, o español apenas conta con dous centenares de plantas, polo que o seu potencial de crecemento é exponencial se se teñen en conta a posible evolución do marco normativo nacional e a maduración da tecnoloxía. Sen dúbida, o biogás terá cada vez máis protagonismo no mix enerxético, e a experiencia previa de Norvento, que agora agregamos nesta nova rama, sitúanos nunha posición estratéxica para liderar este sector”. 

Entre os clientes obxectivo da nova unidade atópanse empresas do sector primario, de procesado e produción de alimentos, e en xeral calquera outra xeradora de residuos con carga orgánica. Grazas á dixestión de residuos e a consecuente produción de biogás, estas empresas poden cubrir unha parte significativa do seu consumo enerxético tanto eléctrico como térmico con este combustible, de natureza completamente renovable, e conseguir un mellor tratamento dos residuos. 

O equipo liderado por Taibo levará a cabo proxectos no mercado nacional nunha primeira fase, aínda que tamén ofrecerán solucións fóra de España, e traballará xunto co resto das áreas de Norvento enfocadas á xeración distribuída para ofrecer solucións integrais aos seus clientes a través de tecnoloxías complementarias, como a fotovoltaica ou o almacenamento enerxético. 

Acerca de Norvento 

Norvento é unha empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), a compañía é 100% de capital español e leva décadas operando no mercado. A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), ata proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. Con presenza en diversos mercados internacionais, Norvento conta hoxe con máis de 1.000 MW de plantas de xeración renovable en operación, construción e desenvolvemento, tanto en España como noutros mercados.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento lanza línea de negocio de soluciones de biogás para la industria Norvento lanza el Norvento Gridmaster Converter >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}