• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 19 Marzo 2018

Norvento presenta o seu edificio CIne, un dos máis avanzados do mundo en termos de autoxeración e independencia enerxética, alimentado integramente por enerxías renovables

  • O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o comisario europeo de Acción polo Clima e Enerxía, Miguel Arias Cañete, participaron hoxe na presentación pública do edificio. 
  • O Centro de Innovación Enerxética (CIne) de Norvento, en Lugo, é un edificio de enerxía cero que se autoabastece totalmente de enerxía procedente de fontes renovables e funciona sen conexión á rede grazas á integración, entre outros elementos, dun sistema de baterías para o almacenamento de electricidade.
  • Con máis de 4.000 m², este edificio é o resultado de décadas de I+D+i por parte de Norvento, e é o mellor exemplo das solucións tecnolóxicas que ofrece ao mercado. A súa tecnoloxía e deseño permítenlle evitar a emisión de máis de 160 toneladas de gases de efecto invernadoiro ao ano.

Lugo, 19 de marzo de 2018.-  Norvento, empresa española de tecnoloxías renovables, presentou hoxe publicamente o seu edificio CIne (Centro de Innovación Enerxética de Norvento), un dos máis avanzados do mundo en materia de autoxeración e independencia enerxética a través de enerxías renovables.

Situado en Lugo, este edificio acolle a sede central da empresa e ten capacidade para albergar ata 200 traballadores. É tamén o seu principal centro de operacións e monitorización de parques eólicos, e inclúe un laboratorio de experimentación.O edificio CIne é un claro exemplo de como a tecnoloxía de Norvento pode axudar o sector industrial a alcanzar a plena autosuficiencia e autoxestión enerxética a través das renovables.

Para facer realidade este proxecto foron necesarios máis de 6 anos de traballo, desde o deseño ata o final da construción, así como un investimento total por parte de Norvento de 12 millóns de euros.

Este edificio de máis de 4000 m², que conta cun deseño arquitectónico do recoñecido arquitecto navarro Patxi Mangado, é o resultado de décadas de I+D+i por parte da compañía e está baseado en tecnoloxía desenvolvida pola propia empresa. Todas as súas necesidades enerxéticas -tanto de electricidade como de calefacción/refrixeración- obtéñense de diversas fontes renovables in situ, o que permite o edificio funcionar de forma autónoma, completamente desconectado das redes eléctrica e de gas. Isto é posible en parte grazas á integración de baterías, que permiten almacenar enerxía en momentos de alta produción para utilizala cando esta descenda.

Pablo Fernández Castro, presidente e fundador de Norvento, destaca que “queremos lanzar unha mensaxe ao sector industrial e empresarial no seu conxunto: hoxe xa é posible cambiar a forma en que obteñen e xestionan a súa enerxía en favor dunha maior eficiencia, aforro e, por tanto, maior competitividade. En definitiva, avanzar cara a unha verdadeira transición enerxética das nosas economías”.

Ao acto de presentación oficial que tivo lugar hoxe en Lugo asistiron Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia, e Miguel Arias Cañete, comisario europeo de Acción polo Clima e Enerxía. Estiveron acompañados polo presidente e fundador de Norvento, Pablo Fernández Castro, e a súa vicepresidenta, Marta Fernández Castro. 

A empresa entra agora nun período de crecemento e expansión da súa actividade. Cunha facturación de 42 millóns de euros en 2017, Norvento espera aumentar esta cifra ata o 60% en 2020, para o que despregará investimentos por valor de 150 millóns.

Microrrede combinada de enerxías renovables

Para levar enerxía ao edificio CIne, o deseño do proxecto combinou unha microrrede eléctrica con outra de enerxía térmica, o que permite que o edificio sexa aínda máis eficiente enerxéticamente.

Estas redes, xunto cun complexo sistema de almacenamento de enerxía formado por baterías eléctricas e un sistema de almacenamento térmico, están supervisadas as 24 horas do día. Isto conséguese grazas a un avanzado sistema de control que permite xestionar en tempo real a xeración, o almacenamento e o consumo, co obxectivo de optimizar o uso da enerxía dispoñible procedente do sol e do vento. Para iso, o sistema ten en conta a dispoñibilidade futura de recursos solares e eólicos, e tamén calcula a demanda de electricidade e calefacción/refrixeración do edificio.

A microrrede combina enerxía eólica, fotovoltaica e unha unidade de coxeración que emprega aceite vexetal reciclado. Máis ou menos, o 35% da enerxía procede do vento, o 60% do sol e o 5% do aceite vexetal.

Para a produción de enerxía eólica, instalouse a primeira unidade da nova turbina eólica nED100 no edificio CIne. Esta turbina ten capacidade para xerar ata 400 MWh ao ano. Esta nova versión do aeroxerador deseñado por Norvento para o autoconsumo industrial foi optimizada e mellorada para obter un maior rendemento en condicións de ventos fortes e turbulentos.

Ademais, instaláronse 165 kWp de paneis fotovoltaicos no tellado do aparcadoiro. O aparcadoiro tamén conta con 5 puntos de recarga para coches eléctricos que poderán ampliarse a 28 no futuro, o que cubrirá máis do 90% das necesidades enerxéticas da frota da empresa.

Ademais, a microrrede térmica para a climatización (refrixeración/calefacción) inclúe un sistema de calefacción por chan radiante alimentado por dúas bombas de calor xeotérmicas de 52 kWt cada unha, apoiadas por un sistema de coxeración capaz de fornecer ata 90 kWt. Este sistema de coxeración só entra en funcionamento despois de longos períodos de pouco sol e vento. Tamén se tivo en conta a recuperación de calor e frío mediante un sistema de ventilación forzada con recirculación de aire, e outras medidas como a recuperación de calor en determinados lugares como o centro de datos da empresa. Grazas ao desenvolvemento destas tecnoloxías, Norvento está agora en condicións de fornecer ao mercado microrredes a escala comercial e industrial cun custo da enerxía comparable ao da rede.

Edificio de enerxía cero integrado na contorna

O edificio CIne foi pensado desde a súa fase máis temperá de deseño para ser un edificio de enerxía cero, destinado a promover un novo modelo enerxético máis eficiente e respectuoso co medio ambiente. A orientación optimizada do edificio, a reutilización das augas grises, o illamento térmico e o aproveitamento da luz natural permiten aforrar recursos e evitar a emisión á atmosfera de máis de 160 toneladas anuais de gases de efecto invernadoiro.

O deseño arquitectónico, obra de Patxi Mangado, tamén ten un papel importante en termos de eficiencia enerxética. Combina estética e funcionalidade, dándolle prioridade aos espazos abertos, as liñas puras e a fluidez entre ambientes de traballo acolledores para favorecer o confort dos traballadores.

Na mesma liña de compromiso coa sustentabilidade, os materiais de construción do edificio CIne tamén se elixiron seguindo criterios de proximidade e integración coa contorna. Por exemplo, utilizouse madeira de eucalipto, unha especie autóctona de Galicia, para o revestimento do edificio, un desenvolvemento realizado co Centro Tecnolóxico CIS Madeira. 

O edificio recibiu a excepcional certificación BREEAM, un dos premios arquitectónicos máis prestixiosos para edificios altamente eficientes, que só recibiron dous edificios novos en España.

Sobre Norvento

Norvento é unha empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), a compañía é 100% de capital español e leva máis de 35 anos operando no mercado. A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), ata proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. 

Cunha presenza activa en cinco mercados internacionais (Reino Unido, Brasil, Estados Unidos, Polonia e Italia), Norvento conta actualmente con 120 MW en funcionamento en España e un pipeline de máis de 540MW en diferentes fases de desenvolvemento.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento presenta su edificio CIne Norvento valora positivamente o papel dado á xeración distribuída no informe da Comisión de Expertos para a Transición Enerxética >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}