• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 31 Xaneiro 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, pon en valor o compromiso de Norvento coa innovación e a formación

  • O máximo responsable de Educación da Xunta de Galicia, visitou a sede da empresa acompañado por outros representantes institucionais.
  • O presidente de Norvento, Pablo Fernández Castro, e parte do seu equipo directivo, mostráronlle ao conselleiro a aposta sostida e de futuro da empresa pola innovación e a súa longa traxectoria de colaboración con centros de investigación e universidades, evidenciada en proxectos como Fisterra.
  • O impulso de Norvento ao talento e a formación pasa pola incorporación ao seu equipo de 71 persoas das principais universidades e centros de FP de Galicia nos últimos catro anos, como parte dos seus programas talento e de prácticas, dos que o 70% continúan na empresa.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, e outros representantes institucionais, visitaron hoxe o Centro de Innovación Norvento Enerxía -CIne-, sede da empresa en Lugo, para coñecer o compromiso de Norvento coa innovación, o talento e a formación en Galicia.

Nunha reunión mantida de forma previa á visita que realizaron polas instalacións do CIne, Pablo Fernández Castro e parte do equipo directivo da empresa amosáronlle ao responsable da carteira de Educación a aposta sostida e de futuro de Norvento pola innovación e a súa ampla traxectoria de colaboración con centros de investigación e universidades.

É precisamente esta aposta pola innovación tecnolóxica, aplicada ao sector enerxético, constante e desde fai décadas, o que fixo posible a consolidación do proxecto industrial de Norvento en Galicia, grazas ás numerosas aportacións tecnolóxicas materializadas ó longo destes anos. Innovacións crave para impulsar a transición enerxética desde Galicia, nas que Norvento reinviste tamén gran parte dos beneficios obtidos na súa área de xeración renovable.

Redución das emisións no transporte marítimo con selo galego: Proxecto Fisterra

Unha das iniciativas presentadas foi precisamente o Proxecto Fisterra, no que Norvento traballa xunto ao CTAG e a Universidade de Vigo e que conta có apoio da Axencia Galega de Innovación. Este proxecto ten o obxectivo de crear un convertidor de electrónica de potencia que permitirá reducir drasticamente o consumo de combustibles fósiles nos barcos durante a súa chegada e atracada nos portos. Con esta aposta pola innovación, un equipo de traballo galego achegará unha solución ao reto da descarbonización do transporte marítimo.

Compromiso de Norvento coa formación e o talento

Román Rodríguez puido coñecer tamén un resumo das principais iniciativas que Norvento pon en marcha para fomentar a formación e o talento dentro da empresa, entre elas, a fluída colaboración con diversos centros de FP de toda Galicia e as tres universidades. Outra das iniciativas máis destacadas é o seu programa de talento e programa de prácticas, que incorpora a estudantes e recen graduados das universidades galegas e formación profesional ao equipo da empresa. Dun total de 71 persoas que accederon a algún destes programas desde fai catro anos, o 70% continua hoxe en Norvento.  

Igualmente, o conselleiro coñeceu algunhas das iniciativas sociais no eido do talento que pon en marcha Norvento, como a súa colaboración desde 2023 coa Fundación Princesa de Girona no Tour do Talento, para impulsar o desenvolvemento do talento nos estudantes, ou a acción social xunto ao parque eólico de Sotavento, no que Norvento levou a 7.000 escolares galegos desde 2020 formación en renovables, eficiencia enerxética e aforro de enerxía.

Durante a visita a CIne, Román Rodríguez destacou: “Norvento é unha empresa de primeiro nivel con persoas dunha altísima cualificación, que está constantemente apostando pola innovación e o coñecemento como piares para a competitividade e da que podemos estar orgullosos todos os galegos, xa que se trata dunha empresa de referencia que contribúe a facer Galicia e a fixar talento que sae das nosas universidades e centros de FP”.

Pola súa banda, Pablo Fernández Castro, presidente de Norvento Enerxía, sinalou que “A nosa aposta pola innovación forma parte do noso ADN. Levamos máis de corenta anos traballando en proxectos de vangarda que nos permitiron desenvolver grandes avances tecnolóxicos. Grazas a eles, puidemos obter, desde Galicia, tecnoloxía de gran valor engadido e clave na transición enerxética, pois algúns destes equipos resultan imprescindibles en proxectos de almacenamento con baterías, recarga de vehículos eléctricos, electrificación de infraestruturas portuarias e xeración de hidróxeno verde, con demanda a escala mundial. Desta forma, e grazas a innovación constante, logramos consolidar o noso gran proxecto tecnolóxico e industrial, contando con máis de 300 profesionais no noso persoal, xerando emprego de alta cualificación e de calidade en Galicia, e fixando coñecemento de alto valor na comunidade, dando como resultado un modelo empresarial de vangarda”.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento Enerxía implementa un dos seus avanzados convertidores de electrónica de potencia en Chile O sistema de almacenaxe enerxético de Norvento Enerxía comeza a súa posta en marcha no Centro de Desenvolvemento de Tecnoloxías de CIUDEN >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}