- Acompañado por Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, e outras autoridades, o representante gobernamental visitou as instalacións do Centro de Innovación Norvento Enerxía -CIne- , na capital lucense.
- Pablo Fernández Castro, presidente da compañía, presentou a Pedro Blanco o innovador proxecto “Fábrica Norvento Enerxía Cero”, ao que a compañía destinará máis de 50 millóns de euros, e que será candidato a un próximo PERTE de descarbonización.
- Durante o encontro, ambos puxeron en valor as diferentes iniciativas de I+D+i nas que Norvento participa e que contan coa axuda do Goberno como o proxecto Zeppelin, agora en marcha.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, acompañado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e outros representantes institucionáis, visitou esta mañá a sede corporrativa de Norvento Enerxía na capital lucense, onde puideron coñecer de primeira man varios dos proxectos nos que a empresa enerxética galega está a traballar, da man de Pablo fernández Castro e Marta Fernández Castro, presidente e vicepresidenta da compañía.
Tras realizar un percorrido polas instalacións de CIne, sede de enerxía cero de Norvento, os asisentes mantiveron unha breve reunión, na que Pablo Fernández Castro trasladoulles os puntos crave do proxecto da nova fábrica que a compañía promove no Parque Empresarial As Gándaras de Lugo, nas inmediacións da súa sede, e cuxo inicio de construcción está previsto ara o segundo semestre do 2024.
“Fábrica Norvento Enerxía Cero”, como se denominará o novo centro de producción de Norvento, é un ambicioso proxecto que responde ao obxetivo da compañía de impulsar a independencia tecnolóxica de España no ámbito das enerxías renovables. Concretamente, esta iniciativa vai ir destinada á produción de toda unha gama de produtos de alto valor engadido deseñados pola empresa, tales como os aeroxeradores de media potencia e solucións contenerizadas de almacenamento eléctrico con baterías, entre outras innovadoras solucións enfocadas a impulsar a descarbonización da industria.
Candidato ao PERTE de descarbonización
Igualmente, o presidente de Norvento trasladoulle ao delegado do Goberno os investimentos estimados que implicará o proxecto da Fábrica Norvento Enerxía Cero, superiores aos 50 millóns de euros. neste sentido, Pablo Fernández Castro expresoulle o seu desexo de presentar o proxecto a unha nova convocatoria dos fondos PERTE de descarbonización impulsados polo Goberno, xa que se trata dunha iniciativa cunha gran proxección tecnolóxica e industrial, enfocada na innovación, e que consolidará múltiples empregos de calidade, -estímase que ao redor de 1.000 entre directos, indirectos e inducidos-.
Esta planta contará ademais cunha tecnoloxía que lle permitirá ser independente enerxéticamente a partir de fontes 100% renovables, para converterse así nunha das primeiras fábricas completamente autosuficientes. Así mesmo, e derivado desta subministración renovable, o centro contará cun balance de cero emisións netas de carbono, o que a converterá tamén en pioneira no ámbito da descarbonización industrial.
Sinerxias para reinventar a industria española
Durante a visita, tanto o delegado do Goberno como o presidente de Norvento, puxeron en valor os diferentes proxectos nos que a compañía está inmersa gracias ao apoio institucional. Un exemplo diso é o consorcio Zeppelin, promovido polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) no marco da convocatoria 2021 do Programa MISIÓNS CIENCIA E INNOVACIÓN (Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia). Este proxecto conta co apoio do Ministerio de Ciencia e Innovación e co financiamento dos fondos NextGenerationEU, e o seu obxetivo é investigar e desenvolver solucións tecnolóxicas innovadoras, eficientes e circulares para producir e almacenar hidróxeno verde.
Xunto a Repsol, Naturgy, Redexis, Reganosa, Perseo e Técnicas Reunidas, Norvento traballa no marco do consorcio Zeppelin en investigar tecnoloxías de fermentación escura -a obtención de biohidróxeno a partir de residuos orgánicos en ausencia de luz e pola acción de bacterias anaerobias- e procesos de purificación do hidróxeno, poñendo ao dispor do consorco os seus coñecementos e traxectoria no ámbito do hidróxeno e a revalorización de residuos para a producción enerxética.
Durante o encontro, Pedro Blanco destacou que “Norvento é un exemplo de empresa punteira, que aposta polas derradeiras tendencias na enerxía limpa e a transición ecolóxica e polo tanto ten e terá a man tendida do Goberno de España nun futuro. Trátase dun exemplo de que os fondos de recuperación están a chegar a todas as empresas de Galicia, tamén a Norvento. De feito, a día de hoxe, falamos de 25.000 empresas en toda Galicia, 4.000 na provincia de Lugo, que no PERTE de descarbonización que se está poñendo en marcha e que vai mobilizar 3.000 millóns de euros, a fábrica de Norvento cero Emisións pode ter cabida. Dende aquí queremos tender a man a Norvento para que poida participar nestes fondos PERTE e dende logo, que siga atraendo e mantendo o seu compromiso coa creación de emprego en Lugo, emprego de calidadem que vai permitir aos mozos quedar en Galicia”.
Pola súa banda, Pablo Fernández Castro agradeceu ao delegado do Goberno e ao resto de autoridades a súa visita á sede de Norvento, durante a cal señalou que “Norvento é hoxe unha das poucas compañías españolas do sector das enerxías renovables que actúa en toda a cadea de valor; non só xeramos enerxía e provemos de solucións avanzadas para o autoconsumo, senón que ademais deseñamos e fabricamos aeroxeradores e sitemas de almacenamento de enerxía con baterías”. Un modelo de negocio que, apuntou, “permítenos que os beneficios que obtemos producindo enerxía nos nosos paques eólicos adiquémolos a desenvolver productos de alta tecnoloxía e a xerar así actividade industrial en Galicia, con investimento e emprego de calidade, facendo realidade o noso soño de contribuir á independencia enerxética e tecnolóxica”. Para rematar, o presidente de Norvento señalou que “temos a esperanza de que o proxecto Fábrica Norvento Enerxía Cero encaixe e sexa seleccionado no próximo PERTE de descarbonización, xa que se trata dunha instalación con cero consumo enerxético, que proverá produtos de alto valor tecnolóxico para impulsar a descarbonización do sector industrial”.