• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 24 Febreiro 2025

O proxecto público-privado de I+D «Fisterra» avanza na súa primeira anualidade con fitos clave en deseño, fabricación e dixitalización dun convertidor que reducirá as emisións do transporte marítimo

  • NORVENTO, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia e a Universidade de Vigo, uníronse en Fisterra para crear un convertidor de electrónica de potencia co que reducir drasticamente o consumo de combustibles fósiles na chegada, atracada e saída dos portos marítimos
  • Nesta primeira anualidade do proxecto, con horizonte en 2026, definíronse as necesidades técnicas do convertidor e estase traballando na creación dun xemelgo dixital e na implementación de ferramentas de realidade aumentada que faciliten a fabricación.
  • Fisterra está dotado con máis de dous millóns e medio de euros, dos que a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, nunha iniciativa cofinanciada pola UE, achega o 60%.

Norvento, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e o grupo de investigación Applied Power Electronics Technology da Universidade de Vigo concluíron a primeira anualidade do proxecto de investigación Fisterra (Fábrica Intelixente e Sustentable mediante Electrónica de Potencia Avanzada e Realidade Aumentada), presentado en 2024 e con horizonte en 2026. Estes primeiros fitos comprenden os aspectos fundamentais dun convertidor de electrónica de potencia, a creación dun xemelgo dixital e a implementación de ferramentas de realidade aumentada que faciliten a fabricación.

Fisterra ten o obxectivo de crear un convertidor de electrónica de potencia que permitirá reducir drasticamente o consumo de combustibles fósiles nos barcos durante a súa chegada, atracada e saída dos portos. Con esta aposta pola innovación, equipos de traballo galegos achegarán unha solución ao reto da descarbonización do transporte marítimo. Trátase dun asunto de gran importancia, xa que o 80% do transporte de mercadorías ten lugar por mar e que supón o 15% das emisións anuais de óxido de nitróxeno (NOx) e o 13% das de óxido de xofre (SOx).

Este proxecto de colaboración público-privada de I+D galego está dotado con 2.659.287,76 de euros. A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia subvenciona o 60% nunha iniciativa cofinanciada pola Unión Europea.

OS PRIMEIROS FITOS DO PROXECTO

Durante esta fase inicial, os equipos de traballo das tres entidades involucradas lograron definir os aspectos fundamentais do convertidor, optimizando o seu deseño e sentando as bases para a súa futura fabricación a escala industrial.

  • Modularidad para adaptarse a distintos volumes de produción.
  • Escalabilidade con procesos optimizados para aumentar a capacidade produtiva.
  • Rastrexabilidade para unha vixilancia detallada de tódalas etapas de fabricación.
  • Dixitalización con ferramentas avanzadas como xemelgos dixitais e realidade aumentada.

Dende Norvento Tecnoloxía o labor centrouse na análise de diferentes topoloxías de electrónica de potencia para identificar a mellor solución para a subministración eléctrica de buques en porto. Ademais, exploráronse sinerxias con outros sectores para diversificar a súa aplicación. Paralelamente, optimizouse o sistema de control e comunicacións entre o convertidor e os barcos, establecendo os requisitos necesarios para o seguinte paso: o deseño detallado e as simulacións de comportamento do sistema.

Pola súa banda, Norvento nED Factory avanza na transformación do seu proceso de fabricación, pasando dun modelo semiindustrial de baixo volume a un modelo industrial de alto volume. Implementáronse metodoloxías de manufactura avanzadas que garanten escalabilidade, rastrexabilidade, flexibilidade e dixitalización, ademais de desenvolver instrucións de montaxe con realidade aumentada para mellorar a eficiencia dos operarios en tarefas de ensamblaxe e probas.

O CTAG traballou na construción dun xemelgo dixital, que simula fluxos de traballo e integra almacéns, operarios e ensamblaxes, permitindo optimizar o proceso de produción antes da súa implementación física. Ademais, desenvolveu un sistema de realidade aumentada parametrizable que facilitará a incorporación de persoal menos experimentado ao proceso de fabricación, mellorando a aprendizaxe e reducindo erros.

Pola súa banda, o equipo da Universidade de Vigo (UVigo) avanzou no deseño da estratexia de control do convertidor a partir dunhas especificacións base iniciais, da experiencia previa en sistemas similares e da revisión da competencia.

SEGUINTES FASES DE FISTERRA

Con estes avances, o proxecto Fisterra segue consolidándose como unha solución innovadora para a sustentabilidade do sector marítimo. Ao longo dos próximos meses, os equipos de traballo continuarán coa validación do deseño e a fabricación dos primeiros prototipos do convertidor, co obxectivo de reducir significativamente o consumo de combustibles fósiles en portos e contribuír á transición enerxética. Está previsto que a mediados de 2025 se presente nun evento público.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< O sistema de almacenaxe enerxético de Norvento Enerxía comeza a súa posta en marcha no Centro de Desenvolvemento de Tecnoloxías de CIUDEN Norvento recibe o apoio do Fondo Europeo de Innovación para a súa fábrica autosuficiente e cero emisións neFO de Lugo >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}