Norvento atesoura 40 anos de experiencia na Operación e Mantemento Integral (OPM) de plantas de xeración con enerxías renovables, avalados pola consecución duns altos índices de dispoñibilidade.

Nesta área, a nosa empresa abarca todos os procesos, desde a montaxe, a posta en marcha e o mantemento de plantas de xeración renovable, tanto eólica, fotovoltaica, bioenerxía, minihidráulica… como tamén de liñas eléctricas e antenas de medición de recurso. Todas as nosas instalacións caracterízanse polos seus elevados índices de dispoñibilidade, froito da aplicación dos máis estritos estándares de calidade e procura da excelencia no mantemento.

A central de O&M está situada en Vilalba, á beira da nosa fábrica nED Factory. O noso persoal está destinado nas instalacións que operamos, tanto propias de Norvento como de clientes externos aos que prestamos servizos.

Algunhas localizacións propias de Norvento
con presenza activa de persoal OPM:

Servizos O&M

Traballos principais de mantemento realizados nas plantas de xeración renovable: eólica, hidroeléctrica, biomasa, biogás, solar fotovoltaica.

  • Correctivo: Procura e reparación de avarías
  • Preventivo: Traballos programados de conservación das instalacións (engraxamentos, apertes, cambios de aceites…)
  • Preditivo: Traballos de inspección e seguimento previo ás avarías (estudo de vibracións, analíticas de aceites, termografías…)
  • Grandes correctivos: Manobras de reparación de avarías importantes, normalmente con necesidade de medios de elevación externos (cambios de pas, multiplicadoras, xeradores, transformadores…)
  • Mantemento eléctrico
  • Equipos retén
  • Loxística de mantemento
  • Asesoría técnica
  • Soporte á enxeñería

Servizos de garda con asistencia continua ás instalacións

  • Inspeccións e diagnóstico de anomalías
  • Traballos de mantemento preventivo e emisión de informes
  • Traballos de mantemento correctivo en descargos
  • Traballos de preditivo mediante termografía IR e estudo asociado

  • Montaxe de torres meteorolóxicas de celosía e tubulares
  • Mantementos correctivos e preventivos en altura
  • Inspeccións e elaboración de informes de estado
  • Desmonte e derribas controlados
  • Descargas e análises de medición