Coñece outras das
nosas instalacións
renovables

 

Sede principal de Norvento, situada na localidade de Lugo, España. Galardoado coa cualificación BREEAM en grao excepcional, é un edificio de enerxía cero, desconectado da rede eléctrica e de gas. O edificio está equipado cunha microrred cuxo abastecemento leva a cabo por medio de 200KWp de enerxía solar fotovoltaica, 100kW de enerxía eólica producida por un dos nosos aeroxeradores nED100, dúas bombas de xeración geotérmica de 45kWt cada unha, dous grupos de coxeración de 60kWe e cinco grupos de coxeración de biomasa. Ademais, está provisto de baterías de ión-litio de 1000 kWh e depósitos de acumulación de calor e frío.

Bioallarluz está situada en Allariz na provincia de Ourense, España. É a única instalación deste tipo que opera en Galicia con biomasa forestal primaria, e pioneira do sector en España. Conta cunha potencia instalada de 2.35 MW. Nela realízanse ensaios asociados a I+D+i sobre combustión con diferentes tipos de biomasas, posibilidades de aproveitamento térmico para coxeración, e valorización das cinzas de combustión como fertilizante forestal.

Situada no municipio de Cospeito na provincia de Lugo, España. Trátase dunha instalación de biometanización asociada a unha explotación gandeira de vacún, e presenta unha potencia instalada de 50 kW. Emprega residuos e subproductos agrícolas e gandeiros para producir calor e electricidade.