• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 14 Decembro 2023

Pablo Fernández Castro, presidente de Norvento Enerxía, recibe o premio APD ao mellor directivo do ano

  • O fundador e presidente do grupo tecnolóxico galego do sector das enerxías renovables máis disruptivo, dedicado ao deseño e fabricación de produtos para a xeración e almacenaxe de enerxía, así como o desenvolvemento e operación, tanto de grandes plantas de enerxía renovable como de autoconsumo, foi galardoado pola asociación de directivos en recoñecemento ao seu papel no desenvolvemento e crecemento de Galicia.
  • Da man da conselleira de Economía, Industria e Innovación, Mª Jesús Lorenzana, e en presenza da directiva de APD e o xurado responsable do fallo, Pablo Fernández Castro recolleu o galardón que pon en valor os seus máis de 40 anos de brillante traxectoria empresarial.
  • O presidente de Norvento fixo fincapé na necesidade de seguir incrementando a penetración de renovables en Galicia, comunidade importadora de enerxía fósil e contaminante, e en apostar por empresas cun proxecto sólido e con raíces na terra, para converter esa necesidade nunha oportunidade de desenvolvemento económico para a nosa comunidade.

Pablo Fernández Castro, presidente de Norvento Enerxía, recibiu hoxe en Santiago de Compostela o Premio ao Directivo do Ano por parte da asociación para o Progreso da Dirección (APD), na súa delegación Noroeste.

Fundador e presidente dende a década dos 80 do grupo tecnolóxico galego do sector das enerxías renovables máis disruptivo, dedicado ao deseño e fabricación de produtos para a xeración e almacenamento de enerxia, así como ao desenvolvemento e operación, tanto de grandes plantas de enerxía renovable como de autoconsumo, foi galardoado pola asociación de directivos en recoñecemento ao seu papel no desenvolvemento e crecemento de Galicia.

Nun acto de  celebrado este mediodía no Centro Abanca Obra Social da capital galega, a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Mª Jesús Lorenzana, en presenza da directiva de APD Noroeste e o xurado responsable do fallo, fixo entrega ao empresario lucense do galardón que recoñece a súa brillante traxectoria e a súa actitude visionaria nun sector que, nos anos 80 e no mundo, xeraba aínda moitas incertezas.

Durante a ceremonia de entrega, a segunda consecutiva que APD organiza para premiar a un directivo galego, Mª Jesús Lorenzana definiu a Pablo Fernández Castro como “un líder excepcional galego no mundo empresarial, que alcanzou logros extraordinarios para Galicia”. Así mesmo destacou del “o seu talento, compromiso e excelencia, méritos que se labrou durante toda a súa traxectoria desde que comezou no sector, na década dos oitenta”.

A directiva de APD e o xurado, representados por Francisco Botas, presidente da asociación na zona noroeste, sinalaron que “Pablo Fernández Castro soubo ver nun momento de incerteza, o potencial das enerxías renovables, logrando anos máis tarde cumplir o seu gran sono: crear un área tecnolóxica dentro de Norvento”.

Pola súa banda, Pablo Fernández Castro agradeceu a APD a entrega do galardón e ás diferentes autoridades e asistentes a súa presenza, facendo especial mención aos membros do equipo de Norvento Enerxía, “con quen sinto que debo compartir este premio, xa que levan anos acompañándome para que Norvento sexa o que é hoxe”, destacou.

Unha oportunidade xurdida dunha crise

Durante o transcurso do acto, Pablo Fernández Castro mantivo así mesmo un diálogo ti a ti con Alfredo Ramos, director xeral de R e Grupo MásMóvil en Galicia, no que revelou como foron os inicios de Novento Enerxía: “Cando era xoven impactoume sobremaneira as consecuencias que tivo en Europa a crise enerxética dos anos 70, o que me reafirmou no meu desexo de estudar enxeñería. Cando terminei a miña formación, a miña aposta por enfocarme no sector das enerxías renovables, onde todo estaba por facer, foi firme e clara clara”, apuntou durante a súa intervención.

Así mesmo, quixo facer fincapé na súa paixón pola tecnoloxía, a que lle levou a impulsar unha división tecnolóxica dentro de Norvento, unha aposta persoal que supón o valor diferencial da compañía: “Pola miña vocación e formación como enxeñeiro, son un apaixoado da tecnoloxía. Na transición cara unha economía descarbonizada existen grandes oportunidades, e entre elas Norvento vai un paso máis aló. Non só estamos a construir e operar instalacións de enerxía renovable, senón que tamén estamos a desenvolver tecnoloxía renovable, como son os aeroxeradores de media potencia e os sistemas de almacenamento de enerxía. Con esta posición non só contribuímos á independencia enerxética, senón que tamén á independencia tecnolóxica, e ademais creamos actividade tecnolóxica e industrial en Galicia”.

Da mesma forma, e durante a conversación mantida co principal directivo da empresa de telefonía, Pablo Fernández Castro quixo deixar patente a necesidade de seguir incrementando a penetración das enerxías renovables en Galicia, comunidade que, a pesar da estendida crenza de que é excedentaria en producción de enerxía verde, continua importando máis dun 50% de enerxía, a maioría de orixe fósil: “A nivel enerxético Galicia segue sendo unha rexión contaminante e dependente de terceiros países. Aínda que é verdade que estamos, comparativamente, ben situados a nivel nacional e europeo, o certo é que máis da metade da enerxía que se consome en Galicia é fósil, contaminante, contribúe a agravar a emerxencia climática e temos que importala do exterior. Polo tanto, as enerxías renovables son, en primeiro lugar, unha necesidade. Necesitamos moita máis enerxía renovable e, en Galicia, esa enerxía renovable é a enerxía eólica. Indubidablemente, temos que ser capaces de converter esa necesidade nunha oportunidade de desenvolvemento económico para Galicia. E iso dependerá, en gran medida, de como abordemos algúns aspectos clave”.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento Enerxía impulsa a sustentabilidade en MB92 Barcelona cunha instalación fotovoltaica de 129 kWp Norvento achega a eficiencia e o aforro enerxético a 2.000 alumnos galegos >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}