Sistemas de Monitorización e Control Norvento

Solucións integrais para instalacións de enerxías renovables.
Norvento Tecnología céntrase no desenvolvemento de produtos e servizos destinados á enerxía distribuída. Deseñamos e fabricamos tecnoloxía propia, punteira e disruptiva que forma parte dun proxecto tecnolóxico integral á vangarda da tecnoloxía no ámbito da xeración descentralizada.
Entre os nosos produtos tecnolóxicos destacan os Sistemas de Monitoraxe e Control Norvento, destinados á xestión intelixente da xeración e as necesidades de consumo do cliente e a minimizar os custos produtivos.
Desde 1981 desenvolvemos punteiras solucións de software e sistemas SCADA para a monitoraxe e control de plantas e instalacións de enerxía renovable. Os nosos produtos intégranse en todos os procesos industriais optimizando os mesmos e aumentando a produtividade das empresas a partir dun control estratéxico de todos os sistemas e datos do cliente.
Sistemas de Monitorización e Control Norvento
Scada Energy
Management Systems
Desde a Unidade de Norvento Tecnología encargámonos do deseño, desenvolvemento de proxecto, execución, posta en marcha e mantemento de Sistemas de Monitoraxe e Control de instalacións de enerxías renovables e autoconsumo como edificios, plantas eólicas ou instalacións de produción fotovoltaica.
As nosas altas capacidades e tecnoloxías permítennos deseñar e levar a cabo a implementación específica da instalación e os requirimentos dos nosos clientes, garantindo o óptimo nivel de produción de enerxía.
Os Sistemas de Monitoraxe e Control de Norvento favorecen a toma de decisións máis eficientes, simplificando o mantemento e diagnóstico de máquinas e procesos industriais e solucionando incidencias a distancia.
Desde a Unidade de Norvento Tecnología encargámonos do deseño, desenvolvemento de proxecto, execución, posta en marcha e mantemento de Sistemas de Monitoraxe e Control de instalacións de enerxías renovables e autoconsumo como edificios, plantas eólicas ou instalacións de produción fotovoltaica.
As nosas altas capacidades e tecnoloxías permítennos deseñar e levar a cabo a implementación específica da instalación e os requirimentos dos nosos clientes, garantindo o óptimo nivel de produción de enerxía.
Os Sistemas de Monitoraxe e Control de Norvento favorecen a toma de decisións máis eficientes, simplificando o mantemento e diagnóstico de máquinas e procesos industriais e solucionando incidencias a distancia.

Centro de Control Norvento 365/24
As solucións de software e sistemas SCADA que desenvolvemos están conectados ao noso Centro de Control Norvento que opera as 24 horas do día os 365 días do ano. O noso equipo humano altamente cualificado xestiona na actualidade máis de 900 MW renovables.
- Unidades de terminal remota (que conectadas a cada equipo recompilan a información).
- O sistema de comunicación (pode ser cable de rede ou fibra óptica na maioría dos casos).
- A interface (o software co que se controla o sistema).
Sistemas Ad-hoc
A nosa experiencia e know- how garanten a mellor solución para cada problema particular. Levamos 40 anos sendo o partner tecnolóxico experto de múltiples empresas industriais.
Sistemas flexibles e escalables
Os nosos sistemas son flexible e escalable, permitindo agregar recursos adicionais facilmente en función da evolución de cada negocio e necesidades concretas.
Algúns exemplos de clientes que confían na tecnoloxía de Norvento para o control dos seus procesos e a monitoraxe da xeración de enerxía:
As máis sofisticadas funcionalidades para a competitividade máis avanzada.
- Integración en todo tipo de procesos industriais
- Monitoraxe da planta ou instalación: consumo, xeracións, accionamentos, previsións…
- Interface HMI. Panel de control para comunicación interna e externa con calquera equipo
- Control da calidade da produción
- Estandarización de procesos. Obtención de información da xestión xeral de forma detallada, o mantemento ou o diagnóstico das fases e información loxística
- Control e supervisión de todos os sistemas remotos.
- Xeración de datos históricos sobre o funcionamento dos sistemas remotos
- Mantemento preventivo
- Interface gráfica do operador. Xeración de datos para unha visión sintética de todos os sistemas, en forma de gráficas, histogramas ou representacións tridimensionales, entre outras.
- Análise da evolución global do proceso.
- Compartición de datos históricos en tempo real a todos os niveis para comparación con outros períodos de tempo.
- Xestión de máis de 200.000 variables por servidor
- Sistemas de supervisión configurados para monitorear calquera fallo dos servidores
- Correctivos vinculados a defectos de deseño ou instalación
- Recepción e emisión de múltiples sinais tanto de entrada como de saída, inmunidade a ruídos, e resistencia ante vibracións e impactos.
- Xestión de permisos. Asignación a cada usuario un nivel de acceso que lle permita monitorar ou manipular certos datos e control dos accesos ao sistema (quen, cando e onde).
- Sistema de alarmas. Avisos en tempo real aos operarios sobre calquera problema con rexistro das incidencias integrado.
- Modelos de conexión a redes altamente distribuído e escalable.
- Realización de cálculos aritméticos complexos
- Procesamento dos datos, xeración e descargas de informes
- Arquitectura aberta para posibles melloras ou evolución de necesidades
- Sistema de seguridade. Protección da confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos datos do servizo.

Aumenta a produtividade da túa planta ou instalación
Mellora a calidade dos teus procesos. Gana en eficiencia e axilidade. Emprega a nosa tecnoloxía de Control e Monitoraxe Norvento e minimiza custos.