Unha oportunidade para desenvolver todo o teu potencial

— Estás a cursar o teu último ano de estudos de carreira, ciclo de FP ou máster, ou o os finalizaches recentemente?

— Gustaríache comezar a túa carreira profesional nunha empresa en plena expansión, con grandes oportunidades de crecemento, e que aposta polas enerxías renovables como panca de futuro para un mundo máis sostible?

— Se a túa resposta é afirmativa, inscríbete no noso Programa de Talento Junior!

O perfil do noso Talento

En Norvento caracterizámonos pola procura da innovación no campo das enerxías renovables, o inconformismo e a atención ao detalle. Somos esixentes e buscamos persoas con ganas de crecer e achegar en diferentes campos, así contes con estudos de grao, máster ou ciclos formativos (Industrial, Eléctrica, Mecánica, Organización Industrial, da Enerxía, Camiños, Canles e Portos…).

Se tes interese nas enerxías renovables e queres comezar a túa traxectoria profesional nun ámbito cun gran potencial de futuro, como é a xeración de enerxía renovable, o desenvolvemento de tecnoloxía para a produción de enerxía limpa e o almacenamento, e en axudar aos nosos clientes no seu proceso de descarbonización, o noso Programa Talento Junior é para ti.

Que ofrecemos?

En Norvento contas cunha oportunidade real de demostrar o teu talento, con vocación de permanencia. Terás ocasión de participar activamente nos proxectos que desenvolvemos, podendo aplicar os coñecementos que adquiriches durante a túa carreira, ciclo de FP ou máster ao mundo profesional. É o momento de iniciar a túa traxectoria nunha empresa con futuro!

Onde desenvolvería a miña Bolsa?

En Norvento contamos con distintos centros de traballo nos que desenvolver a túa carreira profesional.

Desde a nosa sede principal, o edificio CIne, situado na cidade de Lugo, desenvolvemos a maior parte da nosa actividade, polo que a maioría das nosas incorporacións prodúcense aquí.

Con todo, e dependendo da área á que te incorpores, poderías colaborar cos equipos que traballan nas nosas instalacións renovables en varios puntos da xeografía galega e nacional, a nosa Factory tecnolóxica na localidade de Vilalba (Lugo), ou os nosos centros de traballo en Asturias e Madrid.