• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

Proxecto MODUL

Norvento lidera o proxecto Modularidad Integral para a Instalación de Sistemas de Enerxías 100% Renovables en Emprazamentos Remotos. O obxectivo do proxecto é desenvolver tecnoloxías que permitan facilitar a implantación de enerxía limpa en rexións remotas, preparadas para operar en clima extremo, a través do desenvolvemento de sistemas modulares autoizables que permitan unha instalación autónoma e loxisticamente simple.

O proxecto MODUL nace como resposta á necesidade detectada de redución do custo da electricidade en zonas remotas do planeta. Dita misión vén responder á necesidade detectada de mellora loxística asociada á instalación dos sistemas de enerxía renovable neste tipo de emprazamentos remotos, posibilitando o seu transporte, despregamento e instalación, reducindo á vez os custos asociados aos mesmos.

Para afrontar este ambicioso reto, consolidouse un consorcio multisectorial de PEMES galegas, coas capacidades e o coñecemento necesario para cubrir todas as actividades do proxecto: Norvento Tecnología, Norvento Ingeniería, Norvento nED Factory, TEMHA e Artabro- Samdeu.

Ademais, as empresas contan coa colaboración de CETIM (Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial) e CITEEC (Centro de Innovación en Edificación e Enxeñería Civil).

O proxecto dividiuse en 5 actividades:

  1. Recompilación e caracterización
  2. Deseño modular do aeroxerador
  3. Sistema Modular de cimentación
  4. Desenvolvementos loxísticos e sistema de autoizado integral
  5. Interacción de subsistemas e probas en campo

A Actividade 1 foi completada ao 100% na primeira anualidade do proxecto, finalizada en novembro de 2018. Nela participaron todas as entidades que conforman o consorcio, así como os centros de investigación involucrados. A finalización desta actividade supuxo a definición do Benchmark de concepto de operación por competidores, as especificacións de requisitos do sistema, a definición das probas de aceptación e os requisitos dos subsistemas que deron lugar ao deseño preliminar.

Unha vez finalizada esta primeira actividade de definición de obxectivos, arrincaron en paralelo as Actividades 2, 3 e 4 no pasado mes de decembro de 2018. Estas tres actividades, lideradas por Norvento Tecnología, TEMHA e Ártabro- Samdeu respectivamente, centráronse nos 3 piares principais do proxecto: Aeroxerador modular, cimentación modular e desenvolvementos loxísticos de autoizado. A culminación das tarefas incluídas nestas actividades constituíu a antesala para executar a Actividade 5, a derradeira do proxecto.

A Actividade 5: Integración de subsistemas e probas en campo, liderada por Norvento nED Factory, culminou con éxito o pasado mes de decembro, cando levaron a cabo no Parque Eólico Experimental da Pastoriza, as manobras de demostración do conxunto de tecnoloxías desenvolvidas no Proxecto MODUL.

Con elas púxose punto final con éxito ao proxecto de I+D+i, cuxa misión foi desenvolver solucións capaces de facilitar a implantación de enerxía limpa en rexións remotas ou de difícil acceso nas cales exista escaseza de medios loxísticos. Entre as solucións desenvolvidas no proxecto, atópanse o deseño de cimentacións prefabricadas doadamente transportables ata o destino de instalación, ou a execución dun sistema de celosía autoelevable capaz de permitir o izado da totalidade dos compoñentes do aeroxerador nED100, eliminando a necesidade e o emprego de guindastres para a súa instalación completa.

O proxecto MODUL, enmarcado no programa CONECTA PEME 2018, está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación ( GAIN) e o apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e está cofinanciado con cargo a Fondos FEDER no marco do eixo 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

  Misión comercial Italia >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}